Comeza o 2016 e, con todos vós, Manuel María Fernández Teixeiro (1929-2004), o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Trátase dun dos escritores máis importantes da literatura galega na segunda metade do século XX. Non houbo xénero literario que non cultivase: narrativa, teatro, ensaio, xornalismo e, sobre todo, poesía.
Como poeta, Manuel María considerou todos os temas humanos apropiados para a arte poética: a reivinciación social, a defensa da nosa cultura, o canto á súa paisaxe natal da Terra Chá, o paso do tempo e da vida ou, como vemos no poema, os sentimentos máis íntimos (como amor).
Rosas
SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.
Aínda que xa o fixemos nunha entrada anterior, aquí vos quedan varias ligazóns de interese para achegarvos á vida e á obra de Manuel María.Manuel María, A luz resuscitada (1984)
Casa Museo Manuel MaríaAproveitamos para vos presentar o vídeo de promoción de Canta o cuco, un novo libro-disco de Magin Blanco e Uxía Senlle no que poñen todo tipo de ritmos musicais a versos do poeta da Terra Chá. Unha fermosa forma de achegar a súa obra aos máis pequenos.
Manuel María no Centro de Documentación da AELG
Manuel María na Wikipedia en galego
E non esquezas, como explicamos na primeira entrada, que son tamén seus os versos que lle deron nome ao noso blog: «A lingua é a chave coa que abrimos o mundo».
Ningún comentario:
Publicar un comentario