O pasado 7 de maio, o alumnado de 3ESO animouse, un ano máis, a participar na Ruta Pondaliana. Unha xornada para aprender ao aire libre, no propio territorio. Para aprender e, tamén, para gozar cos compañeiros e compañeiras no entorno natural e cultural da comarca de Bergantiños.
Pola mañá, achegámonos ao castro de Borneiro e ao dolmen de Dombate (visita guiada). Ao medio día xa estabamos no piñeiral da praia de Balarés, onde comemos e puidemos gozar dunhas horas de lecer.
Pola tarde, realizamos a camiñada prevista polo Monte Branco e pola desembocadura do Anllóns, ata chegar á casa natal de Eduardo Pondal, en Ponteceso.
Unha xornada inesquecible! Parabéns a todos e todas polo ben que fixestes a lectura e comentario in situ dos poemas pondalianos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario