sábado, 27 de novembro de 2021

As vangardas


Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa as vangardas, movementos artísticos que realizan unha renovación radical da estética: rompen co tradicional e crean novas formas e linguaxes. Noutras palabras, comparten un afán de ruptura con todo o anterior, unha actitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos: pintura, escultura, música, literatura... Non conciben a arte como imitación da realidade, senón como nova interpretación persoal desta. 

Algúns dos movementos de vangarda internacionais foron: o futurismo (que exalta o mundo moderno e industrial), o surrealismo (manifestacións do subconsciente, soños ou delirios), o cubismo (descompón xeométricamente a realidade) ou o creacionismo (non imita a realidade, crea unha realidade nova).

Para coñecerdes mellor como se desenvolveron as vangardas galegas deixámosche aquí dous recursos ben útiles. 

O primeiro, o blog «As vangardas», creado pola profesora Pilar Ponte.

O segundo, un vídeo de Nee Barros, coñecida en youtube co pseudónimo de neeumátiko. Por certo, a súa canle pode serche de interese, pois ten máis vídeos nos que fala de contidos lingüísticos e literarios.



mércores, 24 de novembro de 2021

Canto sabes da historia da lingua galega?

Ben, aproxímase o exame da 1ª Avaliación. Seguro que che vén ben algo de axuda para preparar a parte referida á historia da nosa lingua. Deseguido, dexamos algunhas ligazons, tiradas deste mesmo blog, que che poden ser moi útiles: 




E agora, se xa liches os apartados de Lingua e Sociedade do teu libro de texto e tamén lle botaches unha ollada ás entradas anteriores do blog, propoñémosche que poñas a proba a túa aprendizaxe resolvendo este «trivial interactivo» feito expresamente para ti. 

Adiante, a ver se es quen de chegar ao final dando as respostas correctas á primeira! Ánimo!