Xa estudamos que o infinitivo conxugado (páx. 182 do teu libro) é un trazo lingüístico case exclusivo do galego. Dános unha importante riqueza expresiva cando empregamos oracións con infinitivo.
Como xa vimos nalgunha fotocopia traballada na clase, as regras básicas de uso do infinitivo conxugado son:
A. O infinitivo ten suxeito distinto ao do verbo principal:
Deiche os cartos para comprares pan.
B. Cando, tendo o mesmo suxeito, o infinitivo vai antes do verbo principal:
De actuardes dese xeito, acabaredes con problemas.
C. Cando o infinitivo é suxeito:
Reciclarmos é moi importante.
Tamén estivemos a estudar na clase as perífrases verbais. No seguinte capítulo do programa «Ben falado» da TVG fálasenos dunha das perífrases máis características do galego: dar + participio.
Lembra que xa as estudamos nas páxinas 182-183 do teu libro de texto.
Como vimos tamén no libro, as perífrases son de tres tipos: temporais (indican futuridade ou inminencia), modais (indican obriga, probabilidade...) ou aspectuais (incoativas –acción en desenvolvemento–, terminativas –acción rematada–, reiterativas –acción repetida–).
Ningún comentario:
Publicar un comentario