Se cadra, non lembras o Festival de Eurovisión do ano 2017. Pois daquela estivemos de celebración! De entre ducias de cancións en inglés cantadas por representantes de países de toda Europa, a gañadora foi «Amar pelos dois», unha balada en portugués, ese idioma fillo do galego-portugués medieval. Un mozo lisboeta, Salvador Sobral, foi o vencedor cantando na súa propia lingua.
Como vemos no seguinte vídeo, recentemente Salvador Sobral deu un concerto en Santiago. Alí referiuse a si mesmo como «galego do sur».
A vinculación do galego co portugués fai que poidamos entendernos, sen grandes dificultades, cuns 215 millóns de persoas do ámbito da lusofonía. Se, ademais, falas castelán e inglés, podes chegar a comunicarte en total con case 1000 millóns! Todo son vantaxes!
Escoita agora a interesante mensaxe que nos envía Isadora, alumna do IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos. Realmente convida á reflexión o que nos conta.
Aquí vai a tarefa de hoxe. Primeiro le no teu libro os apartados 1 e 2 da páxina 185 referidos á lusofonía (Un. 8). Escolle despois entre unha destas dúas opcións:
Aquí vai a tarefa de hoxe. Primeiro le no teu libro os apartados 1 e 2 da páxina 185 referidos á lusofonía (Un. 8). Escolle despois entre unha destas dúas opcións:
a) Resolver un encrucillado creado a partir da letra de «Amar pelos dois», de Salvador Sobral. Podes imprimir o PDF e tamén escoitar e ler a canción (aquí) para que che sexa máis fácil.
b) Facer un esquema sobre os países que constitúen a lusofonía, por continentes. Debes investigar (aquí, por exemplo) e incluír datos básicos: número de falantes por país ou se o portugués é lingua oficial ou non nese estado.
Faille unha foto á túa tarefa e envíama por MOODLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario