luns, 27 de abril de 2020

O estándar e as variedades xeográficas

O galego, como calquera outra lingua viva, posúe distintas variedades xeográficas (ou dialectais). É dicir, ao longo do noso territorio hai trazos na fala (fonéticos, morfolóxicos, léxicos...) específicos de cada lugar. De visitardes as seguintes ligazóns, mozos e mozas de distintos lugares de Galicia fálanvos das características do seu galego: Rianxo (A Coruña), Ribadeo (Lugo), Malpica (A Coruña), Tomiño (Pontevedra) ou O Bierzo (León).

Nas páxs. 255-256 do teu libro explícase cales son bloques dialectais do galego e cales son os trazos específicos de cada un. Basicamente son tres: o bloque occidental, o bloque central e o bloque occidental. O trazo que lles serviu aos lingüistas para determinar o límite entre estes bloques é o xeito de formarmos o plural das palabras acabadas en -ón

-ón / -óns (bloque occidental)     -ón / ós (bloque occidental)     -ón/ois (bloque oriental)
   camións                                   camiós                                   camiois


Estes serían algúns dos trazos lingüísticos propios de cada bloque:




A variedade estándar (ou normativa) é aquela variedade común a todos os falantes que se emprega en contextos formais (ver cadro da marxe da páx. 254). As bases do actual estándar do galego datan do 1982, cando a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. Este galego normativo combina trazos dos distintos bloques dialectais. 


A tarefa de hoxe, sinxela. Tendo en conta a información anterior e a que tes no teu libro, identifica a que bloque dialectal corresponde a fala de Quico Cadaval, que podes escoitar neste divertido monólogo seu sobre «Os coruños». IMPORTANTE: debes xustificar a túa resposta cun mínimo de TRES TRAZOS (cos seus correspondentes exemplos). Dá a túa resposta directamente na actividade proposta por MOODLE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario