mércores, 15 de abril de 2020

O adverbio [1]


Avanzamos hoxe un chisco na materia. Se vas ás páxs. 260 e 261 do teu libro de texto, atoparás o apartado de gramática correspondente a unha nova clase de palabra: o adverbio. Le estas páxinas con calma.
O adverbio é a clase de palabra (normalmente invariable) que modifica un verbo, un adxectivo, outro adverbio e mesmo unha oración enteira, expresando circunstancia de lugar (aquí, ...), tempo (agoramañá...), modo (benamodo...), cantidade (abondomáis...), afirmación  (siabofé...), negación  (nontampouco...), dúbida  (seicatalvez...)...
A locución adverbial é a combinación de dúas ou máis palabras que equivalen a un adverbio: Conseguín as entradas gratis (adverbio) = Conseguín as entradas de balde (loc. adverbial)
E importante que repares no esquema que o libro che ofrece clasificación semántica dos tipos de adverbios e locucións adverbiais (con exemplos): de lugar, de tempo, de modo...

Por último, aquí, aquí, aquí e aquí tes unhas actividades en liña para practicares o adverbio (todas coas súas solucións).

Ningún comentario:

Publicar un comentario