Adoita definirse a preposición como a clase de palabra que serve para relacionar palabras ou grupos de palabras.
tortilla de patacas a filla de teu irmán
Estas son as preposición e locucións prepositivas galegas.
Lembra ademáis que as preposicións a, con, de, en e por sempre contraen co artigo determinado. E as preposicións con, de e en fano tamén co artigo indeterminado.
Este vídeo axudarache a recordalo!
Ten en conta, por último, que moitas destas preposicións e locucións prepositivas son exclusivas do galego: agás (‘excepto’), perante (‘en presenza de’), cara a (‘en dirección a’), en col de (‘encima con contacto físico’)...
Ningún comentario:
Publicar un comentario