Na páxina 160 do teu libro explícase que o verbo regular é o que mantén a raíz igual en todas as súas formas e toman as desinencias do seu verbo modelo.
bailo = ando (verbo modelo)bailei = andei (verbo modelo)
bailarei = andarei (verbo modelo)
Debes lembrar tamén que un grupo especial de verbos, chamados verbos con alternancia vocálica (ver cadro da marxe da páx. 160), presenta alteracións na vogal tónica da raíz, mais seguen a ser verbos regulares.
durmo
dormes
dorme
durmimos
durmides
dormen
A morfoloxía verbal é un dos contidos máis importantes deste curso, así que aquí tes unhas cantas actividades en liña para que practiques, comezando polo verbo regular.
- Aquí debes conxugar unha serie de verbos na persoa, tempo e modo que se indica (son todos regulares, e algúns de alternancia vocálica).
- Aquí tes unhas actividades para practicar especificamente os verbos de alternancia vocálica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario