Lembras o Festival de Eurovisión do ano 2017? Pois estivemos de celebración! De entre ducias de cancións en inglés cantadas por representantes de países de toda Europa, a gañadora foi «Amar pelos dois», unha balada en portugués, ese idioma fillo do galego-portugués medieval. Un mozo lisboeta, Salvador Sobral, foi o vencedor cantando na súa propia lingua.
Como vemos no seguinte vídeo, recentemente Salvador Sobral deu un concerto en Santiago. Alí referiuse a si mesmo como «galego do sur».
A vinculación do galego co portugués fai que poidamos entendernos, sen grandes dificultades, cuns 215 millóns de persoas do ámbito da lusofonía. Se, ademais, falas castelán e inglés, podes chegar a comunicarte en total con case 1000 millóns! Todo son vantaxes!
A vinculación do galego co portugués fai que poidamos entendernos, sen grandes dificultades, cuns 215 millóns de persoas do ámbito da lusofonía. Se, ademais, falas castelán e inglés, podes chegar a comunicarte en total con case 1000 millóns! Todo son vantaxes!
Escoita agora a interesante mensaxe que nos envía Isadora, alumna do IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos. Realmente convida á reflexión o que nos conta.
Imos entón co «Como che vai?»
—Estamos na metade xusta de 21DEG. Como o levas? Que esperas ter conseguido cando remate o proxecto?—Que opinas do feito de que Salvador Sobral gañase Eurovisión cantando en portugués?—Cres que tamén podería chegar a ser gañadora unha canción en galego? Por que?—Viaxaches algunha vez a Portugal ou a outro lugar de fala portuguesa? Resultouche alí difícil entenderte coa xente?—Entendiches ben o que dixo Isadora? Que opinas dos seus diferentes comentarios: a súa boa adaptación a Galicia, o descoñecemento do galego no Brasil, o galego para a comunicación internacional?—E sobre que ela fale de si mesma como «galega de alén do mar», igual que Sobral faino como «galego do sul»?
Ningún comentario:
Publicar un comentario