Os estereotipos son xeralizacións moi difundidas e simplistas sobre os membros dun grupo social (‘rapaz con lentes = chapón’ ou ‘nena loira = parva’).
Os prexuízos son xuízos de valor que nos levan a ter actitudes negativas e de rexeitamento cara a eses grupos baseándonos, precisamente, nos estereotipos falsos.
Sobre a lingua galega pesan moitos estereotipos (‘galegofalante con gheada = aldeán inculto’; ‘mozo galegofalante urbano = bloqueiro’) e tamén prexuízos (‘o galego íllanos do exterior’, ‘co galego non se progresa’, ‘o galego está a ser imposto por unha minoría’...).
Coñeces a Susan Boyle? No 2009, con 46 anos, participou como concursante na terceira tempada do show de televisión británico Britain’s Got Talent. Ela, na súa primeira aparición no programa, foi vítima de estereotipos e prexuízos. Prexulgárona negativamente pola súa aparencia e polo seu acento (procedía dunha aldea escocesa), mais acabou ocorrendo isto...
Un bo exemplo de por que non nos debemos deixar levar por estereotipos falsos nin alimentar prexuízos!
E, en relación co galego, co acento e coa gheada, seguro que este vídeo, elaborado polo alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, che axuda a ir rexeitando prexuízos.
E, en relación co galego, co acento e coa gheada, seguro que este vídeo, elaborado polo alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, che axuda a ir rexeitando prexuízos.
—Como che foi hoxe? Mellor ou peor que outros días? Veste con ánimos de acabar?
—Sabías o que eran os estereotipos e os prexuízos?
—Que opinas do ocorrido con Susan Boyle?
—E que che parece o vídeo dos rapaces de Malpica?
—Tiñas ti prexuízos en relación co galego? Coñeces alguén que os teña?
—Algunha das actividades de 21DEG axudouche a rexeitar esterotipos ou prexuízos sobre o galego? Cal?
Ningún comentario:
Publicar un comentario