Paga a pena escoitardes o monólogo de Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988), poeta e licenciada en filoloxía pola USC. Saberedes como descubriu nun pub de Lisboa o valor de ser galegofalante e de criarse nun contexto bilingüe. Xa temos falado na clase sobre as vantaxes neurolóxicas e de aprendizaxe do bilingüismo. Recordas?
Hoxe, día 11 de 21DEG, toca reflexionar e falar de como vos vai.
«Os altos niveis de bilingüismo están relacionados con maiores habilidades en áreas como a formación de conceptos, a creatividade e a flexibilidade para aprender».Seguro que o que relata tan poeticamente Rosalía ha resultarvos familiar.
A. Woolfolk, Eductional Psychology
Hoxe, día 11 de 21DEG, toca reflexionar e falar de como vos vai.
—Como o levas agora que pasamos a metade dos 21 días? Animado/a a continuar?Ah! E aí vai o voso logo de hoxe.
—Como ves a túa evolución na fala despois destes 11 días de actividades?
—Conseguiches falar todo o día en galego?
—Que che pareceu a intervención de Rosalía Fernández Rial?
—Que pensas sobre esas «vantaxes» que posuímos os falantes bilingües sobre os monolingües?
—Anímate esta reflexión a intentar progresar no teu uso oral do galego?
Lara García Prego, 3ESOB
Ningún comentario:
Publicar un comentario