O reto de hoxe, día 4 de 21DEG, é xogar ás «Palabras encadeadas». Xa sabes, ese sinxelo enredo ao que seguro xogaches cando eras máis pequeno/a: dous ou máis participantes din por quendas unha palabra que comece pola derradeira sílaba doutra proposta antes. Por exemplo: xarope - pereira - raposo... Un dos participantes perde cando é incapaz de nomear unha palabra nova ou repite outra xa usada.
Hoxe é venres, así que terás máis tempo para buscar un ou dous compañeiros e gravardes o xogo. Lembrade, ademais, que só serán validas as palabras galegas correctas, é dicir, quen use algún castelanismo (*calle, *conexo, *lexos...) perde.
E non esquecemos un novo logo.
E non esquecemos un novo logo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario