Coa chegada da actual democracia, aprobouse o noso Estatuto de Autonomía (1981), que recoñece oficialmente por primeira vez que a lingua propia de Galicia é o galego. Desde aquela, varias foron as campañas institucionais que buscaban a promoción da nosa lingua. Aquí tes catro exemplos.
Orgullos@s do galego
Con todo, ningunha campaña de normalización do galego pode ser efectiva sen o compromiso individual de cada un de nós, pois o futuro da lingua só depende da vontade dos seus falantes de mantelo vivo e de transmitírllelo ás futuras xeracións.
En galego tes todo por dicir, e logo!
Tócache! (Palabras encadeadas)
Orgullos@s do galego
Empápate co galego
Con todo, ningunha campaña de normalización do galego pode ser efectiva sen o compromiso individual de cada un de nós, pois o futuro da lingua só depende da vontade dos seus falantes de mantelo vivo e de transmitírllelo ás futuras xeracións.
Hoxe chegamos ao día 17 dos 21 DEG! Tócache contarnos «Como che vai?» nun vídeo de tres minutos polo menos. Podes dar resposta a estas cuestións:
—Como o levaches hoxe?
—Notas que tes agora menos erros falando? Ou non ves cambios?
—Algún momento ou anécdota que che gustaría comentar?
—Que opinas das campañas anteriores? Que mensaxe cres que transmite cada unha? Cal che gusta máis?
—Ocórreseche algún slogan atraente para unha campaña de promoción do galego?
Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario