Hoxe «O reto» consiste en facer unha parodia do discurso político. Sabido é que, ás veces, certas intervencións dos nosos representantes públicos vólvense embarulladas e incomprensibles.
Como brincadeira, propoñémosche usar a seguinte táboa para caricaturizar esa linguaxe artificiosa e baleira. É ben doado:
— Comeza polo primeiro enunciado da primeira columna (Amigas e amigos...).
— Continúa con calquera frase da segunda columna, logo con calquera da terceira e despois con calquera da cuarta.
— O proceso repítese unindo de novo como se queira os enunciados das sucesivas columnas.
As miles de combinacións posibles permiten crear un discurso fluído, interminable e... totalmente baleiro!
Ánimo! Ensáiao primeiro, lembra que es «un político ante o seu auditorio». Despois grávao. Xa sabes, con tres minutos é suficiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario