Que gran concerto para este tempo de Nadal! Unha mañá musical memorable!
No marco do Plan Lector, fervedoiro de proxectos, o alumnado de 2º e 3º de ESO desenvolveu a actividade pedagóxica «Concerto de Cantos de Nadal».
Dentro dela, traballaron durante varias sesións das áreas de Música e de Lingua Galega aspectos musicais, lingüísticos e literarios de tres
panxoliñas recollidas por Mero Iglesias, fundador do grupo Fuxan os Ventos: «Unha pouca roupiña», «Con un sombreiro de palla» e «O pendello».
Durante a
mañá do día 20, aproveitouse a presenza no noso centro de Mero Iglesias e do gaiteiro Raúl Galego para establecer un coloquio sobre a importancia dos
cantos de Nadal na cultura galega. Na compaña destes dous músicos, os 174 discentes partipantes
puideron cantar, ademais das panxoliñas, temas como «O carro» ou «A
rumboia».
Aquí quedan algúns dos grandes momentos do concerto:
«O pendello»
«Canto de Reis»
«O carro»
«A rumboia»
Ningún comentario:
Publicar un comentario